Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.3.13. Por gastos de descendentes en centros de 0 a 3 anos

Contía

  1. O 15% das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de gastos de descendentes, pagos en centros de cero a tres anos, co límite de 330 euros por cada descendente que non supere a citada idade.

  2. O 30% cun límite de 660 euros anuais para contribuíntes con residencia habitual en zonas rurais en risco de despoboamento

Requisitos e condicións

  • Os proxenitores, adoptantes ou titores ou acolledores teñen que convivir co menor.

  • Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación do beneficio fiscal, o importe da dedución ratearase por partes iguais.

  • Só terán dereito a esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible non resulte superior a 25.009 euros en tributación individual nin a 35.240 euros en tributación conxunta.

  • Se o menor cumpre os tres anos no exercicio, calcularanse de forma proporcional a dedución e o citado límite, ao número de meses en que se cumpran os requisitos.

  • Se o contribuínte aboase gastos por menores de 3 anos durante todo o período impositivo, residindo unicamente durante unha parte do ano nunha zona rural en risco de despoboamento aplicarase a dedución atendendo ás circunstancias existentes a data de devindicación do imposto.

  • Aos efectos da presente dedución, terán a consideración de zonas rurais en risco de despoboamento as que se determinen pola resolución da Consellaría de Facenda.

    Resolución do BOPA

Formalización

Se tivo a súa residencia habitual  en zonas rurais en risco de despoboamento marcará o recadro habilitado para ese fin.

En calquera caso, deberá reflectir por cada descendente (o programa ten capacidade para incluír ata catro descendentes) o importe satisfeito que corresponde ao titular e  indicará se o fillo convive ou non con ambos os dous pais.

Se o menor cumprise tres anos durante o exercicio indicará o número de meses transcorridos incluído o mes do exercicio en que os cumpre; neste , caso os importes satisfeitos que terá que consignar  serán os satisfeitos ata esa data.