10.4.3. Por gastos de aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros
Polo concepto de gastos na aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros, deducirase o 15% dos importes destinados á devandita aprendizaxe co límite de 100 euros por fillo.
Requisitos
-
Só darán dereito a deducir os gastos realizados nos fillos que dean dereito ao mínimo por descendentes.
-
Os fillos deberán cursar estudos de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e os ciclos formativos de formación profesional específica.
-
Só poderase aplicar esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible total, en tributación individual non superen a contía de 12.500 euros, e de 25.000 euros en caso de tributación conxunta.
-
O contribuínte deberá conservar, a disposición da Administración tributaria as facturas ou os documentos equivalentes.
Ao non cumprirse os requisitos, non serán deducibles as cantidades satisfeitas como gastos por cursar estudos no estranxeiro nin tampouco o gasto orixinado pola realización de campamentos do verán tanto no estranxeiro como en territorio nacional para a aprendizaxe dun idioma. No caso de gastos satisfeitos nos colexios bilingües sos será deducible aquela parte de gasto destinado a aprendizaxe de lingua estranxeira cando se trate dunha actividade extraescolar.
Se os fillos conviven con ambos os dous pais e estes optan pola tributación individual, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
Formalización
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá cubrir o importe satisfeito con dereito a dedución.
A continuación reflectirá o número de fillos que orixinan o gasto e son comúns a ambos os dous cónxuxes e / ou os que son do titular da declaración tendo en conta que o mesmo fillo só debe reflectirse nunha dos recadros.
Ademais, indicará se os fillos do titular da declaración conviven ou non con ambos os dous pais. Se conviven, cada un dos pais deberá declarar a metade do importe do gasto satisfeito.