Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.4.4. Por doazóns a determinadas entidades destinadas á investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación

Poderase deducir o 25% das doazóns monetarias que se realicen no período impositivo, co límite do 15 %da cota íntegra autonómica, destinadas a financiar a investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación a favor de calquera das seguintes entidades:

  1. A Administración da Comunidade Autónoma das Illes Balears ou as entidades instrumentais que dependen da mesma cuxa finalidade esencial sexa a investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación.

  2. A Universidade das Illes Balears.

  3. As entidades sen finalidade lucrativa a que fan referencia os artigos 2 e 3 da Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, desde que a fin exclusiva ou principal que persigan sexan a investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación, no territorio das Illes Balears, e estean inscritas no Rexistro de fundacións da Administración da Comunidade Autónoma das Illes Balears.

  4. As entidades parcialmente exentas do imposto sobre sociedades a que se refire 9.3 da Lei 27/2014 do 27 de novembro do Imposto sobre Sociedades.

A efectividade das doazóns en cada período impositivo deberá acreditarse mediante un certificado da entidade donataria.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o importe satisfeito con dereito a dedución.