Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.4.5. Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial

  1. Os contribuíntes poderán deducir o 15% das contías en que se valoren as doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato, e das contías satisfeitas en virtude de convenios de colaboración efectuada de acordo co que se dispón na Lei 3/2015, do 23 de marzo, polo que se regula o consumo cultural e o mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico.

    O límite da dedución é de 600 euros por exercicio tanto en tributación individual como en conxunta. No caso de que a cesión de uso ou o contrato de comodato teña unha duración inferior a un ano, esta dedución ratearase en función do número de días do período anual. Se a duración é superior ao ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.

    Só poderán aplicar esta dedución os contribuíntes cuxa suma de base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, en tributación individual non superen a contía de 12.500 euros, e de 25.000 euros en caso de tributación conxunta.

  2. Os contribuíntes poderán deducir o 25% das contías das doazóns monetarias ou do valor do resto de doazóns e modalidades a que se refie­ren o apartado anterior cando o beneficiario do mecenado sexa a Administración da comunidade au­tónoma das Illes Balears ou calquera das entida­des instrumentais a que fai referencia a letra b) do artigo 4.1 da mesma Lei 3/2015 e o proxecto ou a actividade cultural obxecto do mecenado constitúa un proxecto propio da Administración da comunidade autónoma ou das súas entidades instrumentais.

    O límite máximo da dedución aplicable será de 1.200 por exercicio. Se a cesión de uso ou o contrato de comodato ten unha duración inferior a un ano, esta dedución ratearase en función do número de días do período anual. Se a duración é superior ao ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.

Base da dedución por cesións de uso ou contratos de comodato

A base será o importe anual que resulte de aplicar, en cada un dos períodos impositivos de duración da cesión de uso ou contrato de comodato, o 4 % á valoración do ben efectuado pola Comisión de Valoración do Patrimonio Histórico, e determinarase proporcionalmente ao número de días que corresponda en cada período impositivo.

No caso de que se trate de locais para a realización de proxectos ou actividades científicas ou de desenvolvemento tecnolóxico, aplicarase o 4 % ao valor catastral, proporcionalmente ao número de días que corresponda de cada período impositivo.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible, respecto das mesmas cantidades investidas, coa dedución por doazóns a determinadas entidades que teñan por obxecto o fomento da lingua catalá.

Formalización

Deberá cubrir de maneira separada:

  1. As Doazóns e demais modalidades relativas ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural, agás cesións de uso ou de contratos de comodato de duración inferior ao ano.

    En función de quen sexa o beneficiario cubrirá o apartado A) ou o B)

    A Base da dedución será:

    • nas doazóns o importe ou valor do doado

    • nas cesións de uso ou contrato de comodato: o 4% da valoración do ben efectuado pola Comisión de valoración do Patrimonio ou o 4% do valor catastral segundo cal sexa o seu caso.

  2. Cesións de uso ou contratos de comodato de duración inferior ao ano consignará:

    • A base da dedución xa rateada ; é dicir a cantidade que resulte de aplicar o [4 %*(a valoración do ben efectuado pola Comisión de valoración do Patrimonio ou valor catastral segundo cal sexa o seu caso) *Nº días de duración/nº de días do período impositivo].

    • O beneficiario

    • O tempo das cesións cuantificado en número de días.