Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.5.12. Por obras de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade

Polas cantidades satisfeitas no período impositivo, polas obras ou instalacións de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade poderase aplicar a porcentaxe de dedución do 10%.

Para a aplicación desta dedución deberán concorrer os mesmos requisitos esixidos na normativa estatal para a aplicación da dedución por obras e instalacións da vivenda habitual de persoas con discapacidade, segundo redacción vixente a 1 de xaneiro de 2012.

De acordo co que se dispón na disposición adicional primeira do Decreto lei 12/2021, os contribuíntes non perderán o dereito á dedución practicada da cota íntegra autonómica do IRPF polas cantidades satisfeitas por este concepto a pesar de que as vivendas habituais fosen destruídas pola erupción volcánica da Palma, podendo continuar aplicándo esta dedución polas cantidades que puidesen seguir aboando.

Compatibilidade

Sobre un mesmo ben non pode aplicarse máis dunha dedución autonómica, debendo elixir o contribuínte a que desexa aplicar.

Limite conxunto da dedución

A suma do importe desta dedución canda o das deducións autonómicas "Por cantidades destinadas polos seus titulares á restauración, rehabilitación ou reparación de bens inmobles declarados de Interese Cultural”, "Por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual" e "Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade" non poderá exceder o 15% da cota íntegra autonómica.

Formalización

Deberá consignar as cantidades satisfeitas con dereito a dedución.