Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.5.23. Por arrendamento de vivenda habitual vinculado a determinadas operacións en dación de pagamento

Os contribuíntes poderán deducir o 25% das cantidades pagas en supostos de arrendamento vinculado a determinadas operacións de dación en pagamento, cun máximo de 1.200 euros.

Estas operacións baséanse nos contratos de arrendamento con opción de compra asinada entre as entidades financeiras acredoras, ou unha entidade inmobiliaria do seu grupo, e os propietarios que transmiten a propiedade da súa vivenda habitual a esas entidades. Os contratos de arrendamento deben realizarse sobre as vivendas habituais que se transmiten.

Requisitos

Os contribuíntes deberán ter un nivel de renda (base impoñible xeral e do aforro) non superior a 24.000 euros en declaración individual, ou 34.000 en declaración conxunta.

Formalización

Importe satisfeito pola persoa que consta como titular no contrato de arrendamento.

No caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento; as cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.

O programa trasladará os datos ao anexo B.9 da declaración.