Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.5.26. Pola cesión de uso temporal e gratuíta de inmobles situados na illa da Palma

Esta dedución non será aplicable aos contribuíntes falecidos antes do 19 de setembro de 2021.

Contía

Nos períodos impositivos 2021 e 2022, os contribuíntes poderán deducirse 200 euros por cada un dos meses completos do ano en que realicen, a título de precario, a cesión de uso temporal e gratuíta de inmobles situados na illa da Palma, cun límite máximo de 1.500 euros, tanto en tributación individual como conxunta.

Requisitos e condicións

  • A cesión de uso ten que ser do inmoble completo, non dunha parte, por meses completos (do 1 ao 30 ou 31) e por un período mínimo de 3 meses determinados de data a data.

    Se o período de cesión é superior a 3 meses pero nalgún dos meses a cesión non é completa, a dedución só se aplicará polos meses completos.

    Cando sendo a cesión superior a 3 meses esta finalice en 2022, na declaración de IRPF de 2021 só se aplicará a dedución polos meses completos que correspondan a este exercicio.

  • O beneficiario ten que ser calquera persoa ou entidade que perdese un inmoble, por ser destruído ou quedar inhabitable ou inaccesible como consecuencia da erupción volcánica iniciada o 19 de setembro de 2021, debendo acreditar a súa existencia e titularidade, como propietario, usufrutuario ou nó propietario, por calquera medio de proba admitida en dereito.

  • O inmoble debe utilizarse como vivenda ou para o desenvolvemento dunha actividade económica, sanitaria, educativa, científica, cultural, social, deportiva ou relixiosa, sen que caiba a súa cesión a terceiros.

  • Cando sexan varios os titulares do inmoble, xa sexa como propietarios, usufrutuarios ou nó propietarios, o importe da dedución ratearase entre eles de forma proporcional á súa porcentaxe de titularidade.

 Límite

Esta dedución, terán como límite o 35% da cota íntegra autonómica.

Formalización

Consignará para cada inmoble o número de meses que o cedeu, reflectirá a clave que corresponda ao dereito que ostenta sobre o inmoble e  a porcentaxe que ostente de cada un deles .

Se sobre o mesmo inmoble fose propietario e usufrutuario e / ou nó propietario consignará de maneira separada, dando de  Alta o mesmo  inmoble, a porcentaxe que ostenta sobre cada un deses dereitos.

Se cedese máis dun inmoble terá que daro de alta picando en "Alta". A continuación consignará os datos relativos ao mesmo.