Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.6.1. Por arrendamento de vivenda habitual por mozos, maiores e con discapacidade

O contribuínte poderá deducir o 10%, ata un límite de 300 euros anuais das cantidades satisfeitas no período impositivo polo arrendamento da súa vivenda habitual.

Requisitos

  • Ter menos de 35 anos cumpridos, ou ter 65 ou máis anos. O contribuínte con discapacidade física, psíquica ou sensorial que teña a consideración legal de persoa con discapacidade cun grao igual ou superior ao 65 %está exonerado do cumprimento deste requisito para ter dereito a esta dedución.

  • A base liquidable do período minorado no mínimo persoal e familiar ten que ser inferior a 22.946 en tributación individual ou a 31.485 euros en tributación conxunta

  • As cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da renda do contribuínte.

  • A dedución só poderá aplicarse polo  ou os titulares dos contratos de arrendamento.

Tributación conxunta

No caso de tributación conxunta cando polo menos un dos declarantes reuna os requisitos enunciados anteriormente para gozar da dedución o importe máximo da dedución será de 600 euros.

Base da dedución

A base desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura ou recibo satisfeito, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia ban­caria, cheque nominativo ou ingreso en contas en enti­dades de crédito, aos arrendadores. Non darán de­recho a practicar esta dedución as cantidades satisfe­chas mediante entregas de diñeiro en efectivo.

Formalización

Na xanela reflectiranse os seguintes datos:

  • Importe satisfeito pola persoa que consta como titular no contrato de arrendamento.

    No caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento; as cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.

  • O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.

  • O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B.8 da declaración.