10.6.11. Por familias monoparentais
O titular de familia monoparental poderá deducirse 200 euros anuais.
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, terá a consideración de familia monoparental a formada pola nai ou o pai e os fillos que convivan cunha ou outro e que reúnen algún dos seguintes requisitos:
-
Fillos menores de idade, con excepción de que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes .
-
Fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
No caso de pais separados ou divorciados que teñan a garda e custodia compartida dos fillos NON se considera que exista familia monoparental respecto de ningún deles .
A base liquidable do período impositivo minorada no mínimo persoal e familiar ten que ser inferior a 31.485 euros.
Formalización
Se cumpre os requisitos para aplicar a dedución marcará o recadro habilitado para ese fin.