10.7.2. Por discapacidade do contribuínte
Os contribuíntes un grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 %e teñan dereito á aplicación do mínimo por discapacidade do contribuínte poderán deducirse da cota íntegra autonómica 300 euros.
Requisitos e condicións
-
A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou de 36.000 euros en tributación conxunta.
-
Esta dedución é incompatible coa dedución por discapacidade de ascendente ou descendente respecto dunha mesma persoa.
-
Esta dedución será incompatible coa dedución "Para contribuínte maior de 75 anos". No caso de que o contribuínte maior de 75 anos teña a condición de discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.
- Para a aplicación da deduccio tera en contase as normas para a aplicación do mínimo do contribuínte e discapacidade contida na Lei de IRPF.
Esta dedución é incompatible coa dedución por arrendamento de vivenda habitual por persoas discapacitadas
Formalización
A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos que indicase nas xanelas de "Datos persoais e familiares".