Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.7.7. Por familia numerosa

Os contribuíntes que a data de devindicación do imposto teñan recoñecida a condición de familia numerosa poderán deducirse as seguintes cantidades:

  • Familias numerosas de categoría xeral 200 euros.

  • Familias numerosas de categoría especial 400 euros.

A dedución será de 300 e 900 euros, respectivamente cando algún do cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto, teñan acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e xeren o dereito á aplicación do mínimo por discapacidade.

Requisitos e condicións

  • A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou  de 36.000 euros en tributación conxunta.

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución  e algún deles non cumpra o requisito establecido no punto anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido na proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes previstas na lexislación estatal.

  • A dedución corresponderá a quen posúa o título de familia numerosa (normalmente os pais).

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible coa dedución "Por arrendamento de vivenda habitual por familias numerosas".

Formalización

En caso de matrimonio, cando a dedución corresponda a ambos os dous cónxuxes, marcará na columna "Común" a categoría de familia numerosa á que pertenza.

En caso contrario ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual marcará na columna "Do Titular "a categoría de familia numerosa indicando, ademais, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución sen ter en conta a contía da súa renda: "1" cando só poida aplicara o titular seleccionado; "2" cando puidesen aplicara dúas persoas etc,