Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.8.18. Por gastos de adopción

Por cada adopción realizada no período impositivo, de fillos que xeren o dereito á aplicación do "mínimo por descendente", o contribuínte poderá deducirse 784 euros.

No suposto de adopción internacional, realizada segundo a lexislación vixente e de acordo cos tratados e convenios subscritos por España, o importe da dedución será de 3.625 euros.

A dedución será aplicable ao período impositivo correspondente ao momento en que se produza a inscrición no Rexistro Civil.

Compatibilidade

Esta dedución é compatible coas deducións por nacemento e adopción e por partos múltiples ou adopcións simultáneas.

Requisitos

Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta

Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos descendentes, e algún deles non cumpra os requisitos establecidos no punto anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes, prevista na lexislación estatal

Saldos pendentes de aplicación

No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicarse o total da dedución no período impositivo en que se xere o dereito á mesma, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.

Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos devanditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste de aplicar

Formalización

Deberá reflectir no recadro  "Común" ou no recadro  "Titular", conforme ao que se indica a continuación, o número de  fillos adoptados tendo en conta que  o mesmo fillo só pode consignarse nunha dos dous recadros.

En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados en cada un dos ámbitos.

Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual o número de fillos adoptados reflectirase no recadro "Titular" cubrindo, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos  reflectindo un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.