Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

10.9.4. Por alugamento da vivenda habitual

Os contribuíntes residentes na Comunidade Autónoma de Cataluña poderán deducir o 10%, ata un máximo de 300 euros anuais, das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de alugamento da vivenda habitual, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  1. O contribuínte deberá encontrarse nalgunha das seguintes situacións:

    • Ter 32 anos ou menos na data de devindicación do imposto.

    • Estar no paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.

    • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

    • Ser viúvo ou viúva e ter sesenta e cinco anos ou máis.

  2. A base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non debe superar a contía de 20.000 euros en tributación individual e 30.000 euros en tributación conxunta. Este requisito é controlado polo programa.

  3. As cantidades satisfeitas en concepto de alugamento deben exceder do 10 %dos rendementos netos. Este requisito é controlado polo programa.

Familias numerosas

No suposto de que os contribuíntes pertenzan a unha familia numerosa o importe máximo deducible elevarase a 600 euros, sen que cumpra neste caso que se cumpran ningunha das situacións establecidas no punto 1 anterior.

Consideraranse familias numerosas as definidas pola Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

Tributación conxunta

No caso de tributación conxunta o importe máximo da dedución elévase a 600 euros.

En tributación conxunta abondará que un do cónxuxes cumpra os requisitos esixidos.

Outras condicións para a aplicación

  1. Unha mesma vivenda non pode dar lugar á aplicación dun importe superior a 600 euros. Polo tanto, se en relación cunha mesma vivenda resultase que máis dun contribuínte ten dereito á dedución, cada un deles poderá aplicar na súa declaración unha dedución polo importe que se obteña de dividir a cantidade resultante da aplicación do 10 %do gasto total ou o límite máximo de 600 euros, se procede, polo número de declarantes con dereito á dedución.

  2. Os contribuíntes deben identificar o arrendador da vivenda facendo constar o seu NIF no recadro correspondente da xanela da dedución por alugamento.

Formalización

A través da xanela de captura de datos o contribuínte fará constar:

  • Importe satisfeito pola persoa que consta como titular no contrato de arrendamento.

    No caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento; as cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.

  • O número de persoas con dereito a aplicar a dedución por unha mesma vivenda.

  • O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.

  • Se estivo no paro máis de 183 días durante o exercicio  marcará o recadro habilitado para ese fin.

  • Se o titular da dedución forma parte dunha familia numerosa cubrirá o recadro correspondente.

O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B.8 da declaración.