Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

3.3.5.2.Solicitude de suspensión

Só é posible optar por este procedemento cando o resultado da declaración dun do cónxuxes integrantes da unidade familiar sexa unha cantidade positiva (a ingresar) e, simultaneamente, o resultado da declaración do outro cónxuxe sexa unha cantidade negativa (a devolver).

Cando o contribuínte desexe acollerse ao procedemento de suspensión do ingreso da débeda tributaria deberá marcar o recadro 7 do apartado do Documento de ingreso ou devolución da súa declaración (última páxina da declaración), ou ben o Apartado P "Solicitude de suspensión do ingreso dun cónxuxe/Renuncia do outro cónxuxe ao cobramento da devolución ".

Efectuada a solicitude nun do cónxuxes, o programa traslada a solicitude ao outro de xeito que se minorará o importe que hai que ingresar da declaración positiva ata o máximo que permita o resultado que hai que devolver da outra declaración que, en consecuencia, verase reducida nesa mesma contía.

O programa non permite acollerse a este procedemento de suspensión do ingreso cando se trate de declaracións complementarias.

É importante que o cónxuxe que renuncie, xa sexa total ou parcialmente, ao cobramento efectivo da súa devolución indique na declaración o Código IBAN da conta onde desexaría recibir a devolución á que eventualmente puidese ter dereito como consecuencia das posteriores comprobacións realizadas pola Administración tributaria.