3.3.8. Documentación adicional a presentar xunto á declaración
Terán que presentar documentación adicional os contribuíntes que se encontren nalgún dos seguintes casos:
-
Contribuíntes a quen sexa aplicable a imputación de rendas no réxime de transparencia fiscal internacional
Deberán presentar os seguintes datos relativos a cada unha das entidades non residentes cuxas rendas se inclúan na declaración:
-
Nome ou razón social e lugar do domicilio social
-
Relación de administradores e lugar do domicilio fiscal.
-
Balance, Conta de Perdas e Ganancias e a Memoria.
-
Importe das rendas positivas que deben ser imputadas
-
Xustificación dos impostos satisfeitos respecto da renda positiva que deba ser imputada
-
-
Contribuíntes que efectuasen investimentos anticipados de futuras dotacións á reserva para investimentos nas Canarias.
Deberán presentar comunicación da citada materialización e o seu sistema de financiamento.
-
Contribuíntes con solicitude de devolución mediante cheque nominativo
Os contribuíntes que soliciten a devolución mediante cheque nominativo sen cruzar do Banco de España deberán presentar conxuntamente coa declaración escrito contendo a devandita solicitude.
-
Contribuíntes que realicen operacións dentro do réxime fiscal especial das fusións escisións e troco de valores
Deberán achegar:
-
Identificación das entidades participadas na operación e descrición da mesma.
-
Copia da escritura pública ou documento que corresponda á operación.
-
No caso en que as operacións se realizasen mediante unha oferta pública de adquisición de accións, tamén deberá achegarse copia do folleto informativo.
-