7.1.1.1. Relacións laborais de carácter especial
O artigo 2 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (aprobado por Real decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro,) considera relacións laborais de carácter especial as seguintes:
-
A do persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c).
-
A do servizo do fogar familiar.
-
A dos penados nas institucións penitenciarias.
-
A dos deportistas profesionais.
-
A dos artistas de espectáculos públicos.
-
A das persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresarios (representantes de comercio) sen asumir o risco e ventura daquelas (Real decreto 1438/1985, do 1 de agosto).
-
A dos traballadores con discapacidade que presten os seus servizos nos centros especiais de emprego.
-
A dos menores sometidos á execución de medidas de internamento para o cumprimento da súa responsabilidade penal.
-
A de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde.
-
A dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados, individuais ou colectivos.
-
Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carácter especial por unha Lei.