Relacións laborais especiais de carácter dependente
Cando os gastos de locomoción e manutención non lles sexan resarcidos especificamente polas empresas a quen presten os seus servizos, os contribuíntes que obteñan rendementos do traballo que se deriven de relacións laborais especiais de carácter dependente poderán minorar os seus ingresos, para a determinación dos seus rendementos netos, nas seguintes cantidades, sempre que xustifiquen a realidade dos seus desprazamentos:
-
Por gastos de locomoción:
-
Cando se utilicen medios de transporte público, o importe do gasto que se xustifique mediante factura ou documento equivalente.
-
Noutro caso, a cantidade que resulte de computar 0,19 euros por quilómetro percorrido, máis os gastos de peaxe e aparcadoiro que se xustifiquen.
-
-
Por gastos de manutención :
-
Desprazamento dentro do territorio español: 26,67 euros diarios.
-
Desprazamento a territorio estranxeiro: 48,08 euros diarios.
-
-
Por gastos de estancia:
Os gastos de estancia deberán estar resarcidos pola empresa e en tal caso poderán minorar os ingresos no importe que se xustifique.