Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

Disposición transitoria cuarta Lei IRPF

Regimen transitorio de reduccion dos contratos de seguros de vida concertada antes do 31 de decembro de 1994 xeradores de incrementos ou diminucións de patrimonio con anterioridade a 1 de xaneiro de 1999 (disposición transitoria cuarta Lei IRPF)

Cando se perciba unha capital diferida, á parte do rendemento neto total correspondente a primas satisfeitas con anterioridade a 31 de decembro de 1994, que se xerase con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006, poderá reducirse da seguinte maneira:

  1. Determinarase a parte do rendemento neto total obtido que corresponde a cada unha das primas satisfeitas con anterioridade a 31 de decembro de 1994.

    Para iso, multiplicarase o devandito rendemento total obtido polo coeficiente de ponderación que resulte do seguinte cociente:

    • No numerador, o resultado de multiplicar a prima correspondente polo número de anos transcorridos desde que foi satisfeita ata o cobramento da percepción.

    • No denominador, a suma dos produtos resultantes de multiplicar cada prima polo número de anos transcorridos desde que foi satisfeita ata o cobramento da percepción.

  2. Determinarase a parte do rendemento neto correspondente a cada unha das primas satisfeitas con anterioridade a 31 de decembro de 1994, que se xerou con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006.

    Para tal fin, multiplicarase a contía resultante da operación comentada en número 1.º anterior polo coeficiente de ponderación que resulte do seguinte cociente:

    • No numerador o tempo transcorrido entre o pagamento da prima e o 20 de xaneiro de 2006.

    • No denominador, o tempo transcorrido entre o pagamento da prima e a data de cobramento da prestación.

  3. Límite máximo conxunto e porcentaxes de redución aplicable

    Calcularase o importe total dos capitais diferidos correspondentes aos seguros de vida a cuxo rendemento neto se lle aplicase o réxime transitorio, obtidos desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o momento da imputación temporal do capital diferido, distinguindose as seguintes situacións para os efectos da aplicación das porcentaxes de redución:

    • Que o importe calculado (incluído o importe do capital diferido obtido ao que se pretenda aplicar o réxime transitorio) sexa inferior a 400.000 euros

      Neste caso aplicarase a cada unha das partes do rendemento neto calculadas de acordo co que se dispón no número 2.º anterior a porcentaxe de redución do 14,28 %cada ano transcorrido entre o pagamento da correspondente prima e o 31 de decembro de 1994.

      Cando transcorresen máis de seis anos entre as devanditas datas, a porcentaxe que hai que aplicar será o 100%.

    • Que o importe calculado (incluído o importe do capital diferido ao que se pretenda aplica o réxime transitorio) sexa superior a 400.000 euros, pero o importe do capital diferido obtido ao que se pretenda aplicar o réxime transitorio sexa inferior a 400.000 euros.

      Neste caso practicarase a redución a cada unha das partes do rendemento neto xeradas con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 que proporcionalmente correspondan á parte do capital diferido que sumado aos capitais diferidos obtidos con anterioridade non supere 400.000 euros.

    • Que o importe correspondente aos capitais diferidos obtidos con anterioridade sexa superior a 400.000 euros. Neste caso non se practicará redución algunha.

No apartado correspondente a reducións aplicaranse as correspondentes reducións segundo o que se dispón na Disposición Transitoria 4º da Lei.