Rescate de rendas temporais e vitalicias
No caso de extinción das rendas temporais ou vitalicias, cando a extinción da renda teña a súa orixe no exercicio do dereito de rescate, o rendemento do capital mobiliario será o resultado de sumar :
-
O importe do rescate
-
As rendas satisfeitas ata o devandito momento
E de restar :
-
As primas satisfeitas
-
As contías que tributasen como rendementos do capital mobiliario.
Cando as rendas fosen adquiridas por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto e inter vivo, restarase, adicionalmente, a rendibilidade acumulada ata a constitución das rendas (diferenza entre o valor actual financeiro-actuarial da renda no momento da súa constitución e o importe das primas satisfeitas art. 18.1 Rgl.).