7.3.6.4. Redución por arrendamento de vivendas
Nos supostos de arrendamento de bens inmobles destinados a vivenda, o rendemento neto positivo reducirase nun 60 %.
Esta redución só resultará aplicable sobre os rendementos netos positivos que fosen calculados polo contribuínte nunha autoliquidación presentada antes de que se iniciase un procedemento de verificación de datos, de comprobación limitada ou de inspección que inclúa no seu obxecto a comprobación de tales rendementos.
En ningún caso resultará de aplicación a redución respecto da parte dos rendementos netos positivos derivados de ingresos non incluídos ou de gastos indebidamente deducidos na autoliquidación do contribuínte e que se regularicen nalgún dos procedementos citados no parágrafo anterior, incluso cando esas circunstancias fosen declaradas ou aceptadas polo contribuínte durante a tramitación do procedemento
A redución tamén resulta aplicable cando sendo o arrendatario unha persoa xurídica, quede acreditado que o inmoble se destina á vivenda de determinadas persoas físicas.
Nos alugamentos turísticos non resulta aplicable a redución do 60 %xa que non teñen por finalidade satisfacer unha necesidade permanente de vivenda senón cubrir unha necesidade de carácter temporal.