Arrendamentos e canons
Comprende esta rúbrica os gastos orixinados polo alugamento de bens mobles ou inmobles, así como as cantidades satisfeitas polo dereito de uso de patentes, marcas e demais manifestacións da propiedade industrial.
Contratos de arrendamento financeiro
Establécese un réxime fiscal específico para os contratos de arrendamento financeiro en que se dean os seguintes requisitos:
-
Que o arrendador sexa unha entidade de crédito ou un establecemento financeiro de crédito.
-
Que teñan unha duración mínima de 2 anos cando teñan por obxecto bens mobles e de 10 anos cando teñan por obxecto bens inmobles ou establecementos industriais.
-
Que as cotas de arrendamento financeiro aparezan expresadas nos respectivos contratos diferenciando a parte que corresponda á recuperación do custo do ben pola entidade arrendadora, excluído o valor da opción de compra e a carga financeira esixida por ela todo iso sen prexuízo da aplicación do gravame indirecto que corresponda.
-
Que o importe anual da parte das cotas de arrendamento financeiro correspondente á recuperación do custo do ben debe permanecer igual ou ter carácter crecente ao longo do período contractual.
Cumpridos estes requisitos poderase deducir:
-
A totalidade da parte das cotas correspondentes á carga financeira satisfeita á entidade arrendadora ten a consideración de gasto fiscalmente deducible.
-
A parte das cotas de arrendamento financeiro satisfeitas á entidade arrendadora que corresponda á recuperación do custo do ben ten a consideración de gasto deducible coas dúas limitacións seguintes:
-
A cantidade deducible non poderá ser superior ao resultado de aplicar ao custo do ben o dobre do coeficiente de amortización lineal máximo segundo as táboas de amortización oficialmente aprobadas (o coeficiente multiplicarase por tres no caso de contribuíntes que teñan a consideración fiscal de empresa de reducida dimensión).
-
No suposto de que o obxecto do contrato sexa terreos, solares e outros activos non amortizables, esta parte da cota non constitúe gasto deducible. No caso de que tal condición concorra só nunha parte do ben obxecto da operación, poderá deducirse unicamente a proporción que corresponda aos elementos susceptibles de amortización, que deberá ser expresada diferenciadamente no respectivo contrato.
-