Dotacións por amortización en estimación directa simplificada
Na modalidade simplificada do réxime de estimación directa, sen prexuízo do exposto para a liberdade de amortización na o apartado anterior, as amortizacións do inmobilizado material débense practicar de forma lineal en función dunha táboa de amortización simplificada, especial para esta modalidade aprobada pola Orde do 27 de marzo de 1998 (BOE do 28 de marzo):
Grupo |
Elementos patrimoniais |
Coeficiente lineal máximo |
Período máximo |
---|---|---|---|
Porcentaxe |
Anos | ||
1 |
Edificios e outras construcións |
3 |
68 |
2 |
Instalacións, mobiliario, efectos e resto do inmobilizado material |
10 |
20 |
3 |
Maquinaria |
12 |
18 |
4 |
Elementos de transporte |
16 |
14 |
5 |
Equipos para tratamento da información e sistemas e programas informáticos |
26 |
10 |
6 |
Útiles e ferramentas |
30 |
8 |
7 |
Gando vacún, porcino, ovino e cabrún |
16 |
14 |
8 |
Gando equino e froiteiros non cítricos |
8 |
25 |
9 |
Froiteiros cítricos e viñedos |
4 |
50 |
10 |
Olivar |
2 |
100 |
Os elementos do inmobilizado material empezarán a amortizarse desde a súa posta en condicións de funcionamento.
Os elementos patrimoniais deberán amortizarse, excluído o seu valor residual, dentro do seu período de vida útil, entendendose por tal o período máximo de amortización prevista nas táboas.
Para as adquisicións de activos novos realizadas entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2004, os coeficientes de amortización lineais máximos establecidos nas táboas oficiais de coeficientes de amortización entenderanse substituídos, en todas as mencións a eles realizadas, polo resultado de multiplicar aqueles por 1,1. O novo coeficiente será aplicable durante a vida útil dos activos novos adquiridos no período antes mencionado.