Gastos financeiros
Inclúense todos os gastos derivados da utilización de recursos financeiros de terceiros para o financiamento das actividades da empresa ou dos seus elementos de activo. Entre outros:
-
Gastos de desconto de efectos e de financiamento dos créditos de funcionamento da empresa.
-
Recargas por adiamento de pagamento de débedas correspondentes á actividade.
-
Intereses correspondentes a adiamentos e fraccionamentos de débedas tributarias, sempre que estean directamente relacionados coa actividade e correspondan ao exercicio.
Os gastos financeiros netos son deducibles co límite do 30 %do beneficio operativo do exercicio. En todo caso son deducibles gastos financeiros netos do período impositivo por un importe de 1 millón de euros.
Non obstante, cando a duración da actividade sexa inferior ao ano, o importe deducible será o que resulte de multiplicar un millón de euros pola proporción existente entre o tempo de duración da actividade no período impositivo respecto do ano.