Outros conceptos fiscalmente deducibles.
Dentro deste concepto deberán consignarse todos os demais gastos que tendo o carácter de deducibles, non figuren expresamente recollidos noutras rúbricas.
A título de exemplo poden citarse, entre outros, os seguintes, sempre que exista unha axeitada correlación cos ingresos da actividade:
-
Adquisición de libros, subscrición de revistas profesionais e adquisición de instrumentos non amortizables.
-
Gastos de asistencia a cursos, conferencias, congresos, etc.
-
Cotas satisfeitas polo empresario ou profesional a corporacións, cámaras e asociacións empresariais legalmente constituídas.