Minoracións, índices correctores e reducións
-
Minoración por incentivos ao emprego
Neste apartado o programa calcula a minoración por incentivos ao emprego en función do número de unidades do módulo persoal asalariado e, se é o caso, do incremento de cadro de persoal producido por comparación co ano anterior.
-
Minoración por incentivos ao investimento
Serán deducibles as cantidades que, en concepto de amortización do inmobilizado, material ou intanxible, correspondan á depreciación efectiva que sufran os distintos elementos por funcionamento, uso, gozo ou obsolescencia.
-
Índices correctores
O programa calcula e aplica, en función dos datos consignados na información adicional, os índices correctores que procedan segundo as características da actividade.
-
Redución por rendementos xerados en máis de dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular
Normalmente a redución deberá consignarse sen signo algún. Porén, cando a redución afecte a un rendemento neto negativo consignarase precedida do signo (-).