Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

7.4.3.8. Redución para actividades económicas Lorca

Como consecuencia dos movementos sísmicos acontecidos o 11 de maio de 2011 en Lorca (Murcia), os contribuíntes que desenvolvan unha actividade no termo municipal de Lorca poderán aplicar unha redución do 20 %do rendemento neto de módulos.

Non obstante, no suposto de ser autorizada de forma individualizada unha redución de signos, índices ou módulos no exercicio  por circunstancias excepcionais, os contribuíntes afectados poderán optar por aplicar a redución aprobada individualmente ou a redución do 20 %.