Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

7.4.4.10. Redución do 30 por 100

Os rendementos netos cun período de xeración superior a dous anos, así como aqueles cualificados regulamentariamente como obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, cando se imputen ambos os dous a un único período impositivo, reduciranse nun 30 %.

A contía do rendemento neto sobre a que  se aplicará a redución non poderá superar o importe de 300.000 euros anuais.

Non resulta de aplicación se se trata de rendementos que proceden do exercicio dunha actividade económica que de forma habitual ou regular obtén este tipo de rendementos.

Rendementos obtidos de forma notoriamente irregular no tempo

Considéranse rendementos de actividades económicas obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, exclusivamente, os seguintes, cando se imputen en único período impositivo:

  • Subvencións de capital para a adquisición de elementos do inmobilizado non amortizables.

  • Indemnizacións e axudas por cesamento de actividades económicas.

  • As indemnizacións percibidas en substitución de dereitos económicos de duración indefinida.