8.2.1.2. Individualización
As ganancias e perdas patrimoniais consideraranse obtidas polos contribuíntes que, segundo o previsto no artigo 7 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio, sexan titulares dos bens, dereitos e demais elementos patrimoniais de que proveñan.
As adquisicións de bens e dereitos que non se deriven dunha transmisión previa, como as ganancias no xogo, consideraranse ganancias patrimoniais da persoa a quen corresponda o dereito á súa obtención ou que as gañase directamente
As ganancias patrimoniais non xustificadas atribuiranse en función da titularidade dos bens ou dereitos en que se manifesten.
Atención: As ganancias e perdas patrimoniais obtidas por unha entidade en réxime de atribución de rendas de que o contribuínte sexa membro ou partícipe deberán consignarse no apartado E "Réximes especiais" (Réxime de atribución de rendas: rendementos do capital e de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais) pola parte que en cada caso resulte atribuíble ao contribuínte como consecuencia da aplicación do réxime especial de atribución de rendas.