8.2.3.13. Incorporación de bens ou dereitos que non deriven dunha transmisión
Nas incorporacións de bens ou dereitos que non deriven dunha transmisión, computarase como ganancia patrimonial o valor de mercado dos bens ou dereitos que se incorporan ao patrimonio do contribuínte.
Este tipo de adquisicións de bens e dereitos (como son as ganancias no xogo, por exemplo) consideraranse ganancias patrimoniais da persoa a quen corresponda o dereito á súa obtención ou que as obtivese directamente.