Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

8.2.3.2. Accións e participacións non admitidas a negociación en mercados oficiais

A transmisión a título oneroso de valores ou participacións non admitidos a negociación en mercados secundarios oficiais de valores definidos na Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do  15 de maio de 2014, e representativos da participación en fondos propios de sociedades ou entidades, xerará unha ganancia ou perda que se computará pola diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión.

Agás proba de que o importe efectivamente satisfeito correspóndese co que convirían partes independentes en condicións normais de mercado, o valor de transmisión non poderá ser inferior ao maior dos dous seguintes:

  • O teórico resultante do balance correspondente ao último exercicio cerrado con anterioridade á data de devindicación do Imposto.

  • O que resulte de capitalizar ao tipo do 20 %o termo medio dos resultados dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data de devindicación do Imposto. A este último efecto, computaranse como beneficios os dividendos distribuídos e as asignacións a reservas, excluídas as de regularización ou de actualización de balances.

O valor de transmisión así calculado tera en contase para determinar o valor de adquisición dos valores ou participacións que corresponda ao adquirente.

Cando existan valores homoxéneos considerarase que os transmitidos polo contribuínte son aqueles que adquiriu en primeiro lugar (art. 37.2 Lei).

Dereitos de subscrición

Para determinar o valor de adquisición das accións transmitidas unicamente deducirase o importe dos dereitos de subscrición alleada antes do 23 de marzo de 1989.

O alleamento de dereitos de subscrición preferente derivados desta clase de accións determina que o importe obtido teña en todo caso a consideración de ganancia patrimonial para o transmitente no período impositivo en que se produza a devandita transmisión, sen que poida computarse, nestes casos, un valor de adquisición dos devanditos dereitos e para o que se tomará como período de permanencia o comprendido entre o momento da adquisición do valor de que proceda o dereito e o da transmisión deste último.

Accións liberadas

  1. Accións totalmente liberadas

    Cando se trate de accións totalmente liberadas, o valor de adquisición tanto destas como de que procedan resultará de repartir o custo total entre o número de títulos, tanto os antigos coma os liberados que correspondan; e considerarase como antigüidade das mesmas a que corresponda ás accións das que procedan (art. 37.2 Lei).

  2. Accións parcialmente liberadas

    Cando se trate de accións parcialmente liberadas, o seu valor de adquisición será o importe realmente satisfeito polo contribuínte e a súa antigüidade será a que corresponda segundo a data da entrega.