Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

8.2.3.8. Indemnizacións por perdas ou sinistros

No caso de indemnizacións ou capitais aseguradas por perdas ou sinistros en elementos patrimoniais, computarase como ganancia ou perda patrimonial a diferenza entre a cantidade percibida e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano.

Cando a indemnización non fose en metálico, computarase a diferenza entre o valor de mercado dos bens, dereitos ou servizos recibidos e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano.

Só se computará ganancia patrimonial cando se derive un aumento no valor do patrimonio do contribuínte. En consecuencia, en todos aqueles supostos en que só se cubra a reparación do dano, non se computará a efectos fiscais ganancia patrimonial algunha.