8.2.4.2. Regra especial para a actividade de autotaxi en estimación obxectiva
Os contribuíntes que exerzan a actividade de transporte por autotaxis, clasificada no epígrafe 721.2 da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, e determinen o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva, reducirán as ganancias patrimoniais que se lles produzan como consecuencia da transmisión de activos fixos intanxibles, cando esta transmisión estea motivada por:
-
Incapacidade permanente.
-
Xubilación.
-
Cesamento da actividade por reestruturación do sector.
-
Transmisión, calquera que sexa a causa, a familiares ata o segundo grao.
A redución obterase aplicando á ganancia patrimonial as seguintes regras:
-
Distinguirase a parte da ganancia que se xerase con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015, entendendo como tal a parte da ganancia patrimonial que proporcionalmente corresponda ao número de días transcorridos entre a data de adquisición e 31 de decembro de 2014, ambos os dous incluídos, respecto do número total de días que permanecese no patrimonio do contribuínte.
-
A parte da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 reducirase aplicando as seguintes porcentaxes en función do número de anos transcorridos desde a data de adquisición ata 31 de decembro de 2014.
A parte da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 reducirase aplicando as seguintes porcentaxes en función do número de anos transcorridos desde a data de adquisición ata 31 de decembro de 2014.
Ata (anos) | Máis de (anos) | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | |
Redución | 4% | 8% | 12% | 19% | 26% | 33% | 40% | 47% | 54% | 61% | 74% | 87% | 100% |