Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

Outras ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión de elementos patrimoniais

Con carácter xeral, incluiranse neste apartado, as ganancias e as perdas que non deriven da transmisión de elementos patrimoniais.

O importe percibido consignarase no recadro correspondente á axuda ou subvención. Incluirase por exemplo no recadro 0305, a devolución dunha subvención recibida para a adquisición dunha vivenda de protección oficial, como consecuencia de incumprir o requisito de non vender a vivenda nun determinado prazo.

As ganancias patrimoniais derivadas de axudas públicas imputaranse ao período impositivo en que teña lugar o seu cobramento.

Non obstante, as axudas que se indican a continuación poden imputarse por cuartas partes, no período impositivo en que se obteñan e nos 3 seguintes:

  • As axudas públicas percibidas como compensación polos defectos estruturais de construción da vivenda habituais e destinadas á súa reparación.

  • As axudas incluídas no ámbito dos plans estatais para o acceso por primeira vez á vivenda en propiedade, percibidas polos contribuíntes mediante pagamento único en concepto de Axuda Estatal Directa á Entrada (AEDE).

  • As axudas públicas outorgadas polas Administracións competentes aos titulares de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español inscrito no Rexistro xeral de bens de interese cultural a que se refire a Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, e destinadas exclusivamente á súa conservación ou rehabilitación.

  • As axudas públicas para a primeira instalación de mozos agricultores previstas no Marco Nacional de Desenvolvemento Rural de España que se destinen á adquisición dunha participación no capital de empresas agrícolas societarias.

O programa permite, para cada unha das axudas recollidas nos puntos anteriores, consignar un máximo de dúas axudas.

Para a formalización diferenciará as percibidas en 2021 das cobradas nos anos anteriores.

  1. Para as subvencións percibidas en 2021 consignará o importe total da subvención e se o criterio de imputación, que pode ser distinto para cada unha de dúas axudas que permite reflectir o programa, é por cuartas partes marcará o recadro correspondente.

  2. Para as subvencións percibidas en anos anteriores, cando optase por imputaras por cuartas partes, indicará o ano en que percibiu a axuda e o importe total. O importe imputable a 2021 (a cuarta parte do importe total) calcularao o programa.

O programa trasladará os datos ao Anexo C.1 da declaración.