Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

Imputación a 2021 de ganancias e perdas patrimoniais derivadas de transmisións efectuadas en exercicios anteriores

Incluiranse neste apartado as seguintes ganancias e perdas patrimoniais producidas en exercicios anteriores:

  • Ganancias ou perdas patrimoniais pendentes de imputar por operacións a prazos

    No caso de operacións a prazos ou con prezo adiado, o contribuínte poderá optar por imputar proporcionalmente as rendas obtidas en tales operacións, a medida que se fagan esixibles os cobramentos correspondentes.

    Faranse constar as ganancias ou perdas patrimoniais, pendentes de imputar por operacións a prazos de exercicios anteriores, cuxo cobramento se producise, total ou parcialmente no presente exercicio en función dos cobramentos que se producisen ou sexan esixibles neste exercicio.

  • Integración diferida de determinadas perdas por recompra

    Se unha transmisión orixina perdas patrimoniais e os elementos patrimoniais transmitidos (ou valores homoxéneos) foron adquiridos novamente nos  prazos e condicione previstos no artigo 33.5, letras e), f) e g) da Lei do Imposto, a perda patrimonial non pode computarse ata que non se produza a posterior transmisión definitiva dos elementos patrimoniais (ou valores homoxéneos) readquiridos.

    Cando resulte de aplicación este réxime, incluiranse neste apartado as perdas patrimoniais, que proceda integrar no presente exercicio por haberse producido a transmisión definitiva dos elementos patrimoniais (ou valores homoxéneos) readquiridos.

    Esta integración das perdas procedentes de anos anteriores é independente da tributación que corresponda á ganancia ou perda orixinada como consecuencia da transmisión dos elementos patrimoniais (ou valores homoxéneos) readquiridos.