8.3.2. Compensacións de partidas negativas na base impoñible xeral
Compensación de partidas negativas pendentes de exercicios anteriores
Os saldos negativos de ganancias e perdas patrimoniais de 2017, 2018, 2019 e 2020 pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2021 non derivadas da transmisión de elementos patrimoniais compensaranse:
En primeiro lugar co saldo positivo de ganancias e perdas patrimoniais obtidas no exercicio ata a contía máxima do importe do devandito saldo.
En segundo lugar co saldo positivo dos rendementos e imputacións de renda, unha vez minorado o devandito saldo pola compensación do saldo negativo, se o houbese, de perdas e ganancias obtidas no exercicio.
A compensación dos saldos negativos de perdas e ganancias patrimoniais do exercicio e de exercicios anteriores pendentes de compensación, non poderá superar conxuntamente o límite do 25 %do saldo positivo dos rendementos e imputacións de rendas antes das devanditas compensacións.