Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

8.4.2.1. Plans de pensións

  1. As achegas realizadas polos partícipes, así como as contribucións empresariais imputadas  en concepto de rendemento do traballo en especie polo promotor de plans de pensións do sistema emprego. Todo iso, nos termos do texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro.

  2. As achegas realizadas polos partícipes aos plans de pensións reguladas na Directiva (UE ) 2016/2341 do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de decembro de 2016,  relativa ás actividades e a supervisión dos fondos de pensións de emprego (FPE), incluídas as contribucións efectuadas polas empresas promotoras, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

    • Que as contribucións se imputen fiscalmente ao partícipe a quen se vincula a prestación.

    • Que se transmita ao partícipe de forma irrevogable o dereito á percepción da prestación futura.

    • Que se transmita ao partícipe a titularidade dos recursos en que consista a devandita contribución.

    • As continxencias cubertas deberán ser as previstas no artigo 8.6 do Texto Refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado polo Real decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro.