Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

8.9.5.2. Deducións por familia numerosa ou persoas con discapacidade a cargo

Terán dereito ás deducións por:

  • descendentes con discapacidade a cargo

  • ascendentes con discapacidade   a cargo

  • Cónxuxe non separado legalmente con discapacidade   a cargo

  • familia numerosa

  • ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anulidadades por alimentos

os contribuíntes que cumpran os requisitos específicos de cada unha das deducións, e pola súa parte pertenzan a un destes dous colectivos:

  • Colectivo 1: contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa.

  • Colectivo 2: contribuíntes que perciban prestacións contributivas  e asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de previsión social alternativas.

Se como consecuencia do ERTE percibe do SEPE a prestación por desemprego de nivel contributivo ou o subsidio por desemprego terá dereito a esta dedución durante os meses en que se perciba a prestación ou o subsidio.

Se está percibindo a Prestación por cesamento de actividade para traballadores autónomos terá dereito a esta dedución durante os meses en que se perciba a devandita prestación.

Incompatibilidades

A dedución por cónxuxe non separado legalmente é incompatible coa dedución por descendentes e ascendentes con discapacidade con respecto á mesma persoa.

A dedución por familia numerosa e a dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos, son incompatibles entre si.

  1. Dedución por familia numerosa
  2. Dedución por ascendente, separado legalmente
  3. Dedución por cónxuxe non separado legalmente con discapacidade
  4. Dedución por ascendentes con discapacidade a cargo
  5. Dedución por descendentes con discapacidade a cargo