Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

Formalización

O cálculo das deducións por investimento empresarial non é realizado polo programa.

Para os efectos da formalización, en cada dedución abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá facilitar o importe da dedución, non do investimento, e o importe que desexa aplicar.

O programa aplicará o importe facilitado sempre que non exceda dos límites máximos establecidos. Se o importe indicado excede do límite aplicable aplicarase este último.

  1. Deducións de exercicios anteriores

    • Réxime xeral

      Indicaranse os saldos pendentes correspondentes ás diferentes modalidades de dedución por investimentos procedentes de exercicios anteriores, distinguindo aqueles saldos para os que  este sexa o último exercicio de aplicación do resto dos saldos pendentes e o importe  de dedución que desexa aplicar.

    • Réximes especiais

      Indicaranse os saldos pendentes de dedución procedente dos réximes especiais de apoio a acontecementos de excepcional interese público e o o importe que desexa aplicar.

  2. Deducións do exercicio.

    Consignarase o importe das distintas deducións e o que desexa aplicar.