Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2021

Normas comúns

Límites

Os límites de dedución aplícanse sobre a cota que resulte de minorar a suma das cotas íntegras estatais e autonómica no importe total das deducións por investimento en empresas de nova ou recente creación e por actuacións para a protección e difusión do Patrimonio Histórico Español e do Patrimonio Mundial.

O importe das deducións  polas distintas modalidades de investimento (reguladas nos arts. 36 a 39 da LIS) non poderá exceder conxuntamente do 25 %da citada cota.

Non obstante, o limite elevarase ao 50 %cando o importe das deducións por actividades de I+D e innovación tecnolóxica e a dedución por investimentos en producións cinematográficas, series audiovisuais e espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais que corresponda a gastos e investimentos efectuados no propio período impositivo, exceda do 10 %cento da citada cota.

Cando existan saldos pendentes de exercicios anteriores o límite que proceda aplicarase ás deducións do exercicio e aos saldos de exercicios anteriores.

Os  límites son calculados e aplicados polo programa.

Cantidades non deducidas

As cantidades correspondentes ao período impositivo non deducidas por exceder do límite máximo, poderán aplicarse, respectando os mesmos límites, nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos quince anos inmediatos e sucesivos.

Non obstante, as cantidades correspondentes ás deducións por actividades de investigación científica e innovación tecnolóxica e para o fomento das tecnoloxías da información e da comunicación poderán aplicarse nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos dezaoito anos inmediatos e sucesivos

Mantemento do investimento

Os elementos patrimoniais afectos ás deducións previstas nos artigos 35 a 39 da Lei do Imposto sobre Sociedades, deberán permanecer en funcionamento durante cinco anos, ou tres se se trata de bens mobles, ou durante a súa vida útil se for inferior.

No caso de producións cinematográficas e series audiovisuais, entenderase este requisito cumprido na medida que a produtora manteña a mesma porcentaxe de titularidade da obra durante o prazo de 3 anos, sen prexuízo da súa facultade para comercializar total ou parcialmente os dereitos de explotación derivados da mesma a un ou máis terceiros. 

Conxuntamente coa cota correspondente ao período impositivo en que se manifeste o incumprimento deste requisito, ingresarase a cantidade deducida, ademais dos xuros de mora.

Dedución única por investimento

Un mesmo investimento non poderá dar lugar á aplicación da dedución en máis dunha persoa ou entidade.