Réxime especial "50 aniversario do falecemento de Clara Campoamor. 90 anos do inicio dunha democracia plena"
O Programa "50 aniversario do falecemento de Clara Campoamor. 90 anos do inicio dunha democracia plena" terá a consideración de acontecemento de excepcional interese público aos efectos do que se dispón no artigo 27 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
A duración do programa de apoio a este acontecemento abarcará desde o 1 de marzo de 2021 ata 29 de febreiro de 2024.
Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra do imposto o 15 por 100 dos gastos que en cumprimento dos plans e programas de actividades establecidas polo consorcio realicen de acordo co art. 27.3 da Lei 49/2002, na redacción dada pola Disposición final segunda da Lei 35/2006, do 28 de novembro
"50 aniversario do falecemento de Clara Campoamor. 90 anos do inicio dunha democracia plena"