9.4.3. Cotas de afiliación e achega a partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións electorais
As cotas de afiliación e as achegas a Partidos Políticos, Federacións, Coalicións ou Agrupacións de Electores, dan dereito a unha dedución do 20% sobre as devanditas cotas, cun límite máximo de 600 euros anuais.
Formalización
Deberá indicar no recadro M as cotas ou achegas con dereito a esta dedución.
Límite
A base conxunta das deducións por donativos e outras achegas nas súas distintas modalidades non poderá superar, con carácter xeral, o 10% da base liquidable do exercicio.
Malia o anterior, a base da dedución por donativos, doazóns e achegas destinadas á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado poderá acadar o 15 por 100 da base liquidable do exercicio.
Parte estatal e parte autonómica
Unha vez cumprimentados os datos destas deducións, o programa distinguirá a parte estatal (50 %) e a parte autonómica (50 %).