Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.1.12. Para familia numerosa

Os contribuíntes que teñan a consideración de membro de familia numerosa, de conformidade co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, ou norma que a substitúa, terán dereito a unha dedución de 200 euros, no caso de familias numerosas de categoría xeral, e de 400 euros para o caso de familias de categoría especial.

Requisitos e condicións

  • A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode ser superior a 25.000 euros en tributación individual ou a 30.000 euros en caso de tributación conxunta.

  • Os contribuíntes deberán ostentar, á data da devindicación do imposto, o título de familia numerosa que acredita a devandita condición e categoría.

  • Cando exista máis dunha persoa con dereito a aplicar a dedución e presenten declaracións individuais o importe ratearase entre elas.

  • Se un do cónxuxes non ten dereito a aplicar a dedución o outro poderá deducir integramente o importe que lle corresponda segundo  a categoría de familia numerosa á que pertenza.

  • A dedución é por declaración.

    Polo tanto, se ambos os dous cónxuxes forman parte da unidade familiar e presentan declaración conxunta o importe da dedución será de 200 euros ou 400 euros segundo a categoría de familia numerosa.

Esta dedución é incompatible coa de duccción "Por nacemento, adopción de fillos ou acollemento familiar de menores".

Formalización

En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución indicarán no recadro "Común" a categoría de familia, xeral ou especial, á que pertenzan.

Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual a formalización realizarase no recadro "Do Titular "reflectindo se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou especial e o número de persoas con dereito á dedución.