10.1.6. Para contribuíntes con discapacidade
Contía
Os contribuíntes que teñan a consideración de persoas con discapacidade terán dereito a unha dedución de 150 euros.
A consideración de persoa con discapacidade é a fixada pola normativa estatal do IRPF.
Requisitos
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode superar os 25.000 euros en tributación individual ou os 30.000 euros en tributación conxunta.
Formalización
A dedución xéraa o programa automaticamente de acordo cos datos reflectidos na xanela de datos persoais e familiares e á contía da suma das bases impoñibles.