10.11.11. Por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica
Contía e requisitos
Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica do imposto o 25%, ata o límite do 10 %da devandita cota, dos donativos monetarios que se fagan a favor de:
-
Centros de investigación adscritos a universidades galegas e de promovídosos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan como obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.
-
Entidades sen ánimo de lucro acollidas á Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a condición de que estas últimas teñan a consideración de organismo de investigación e difusión de coñecementos de acordo co previsto no artigo 2.83 do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
A dedución queda condicionada á súa xustificación documental.
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos deberá indicar o importe satisfeito no exercicio con dereito á dedución.