Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.14.11. Por adquisición de vehículos eléctricos novos

Contía

O  15% das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición de vehículos eléctricos novos.

Esta dedución soa poderá aplicarse a un vehículo por persoa e no período impositivo no que se matricule o vehículo cuxa adquisición xera o dereito a aplicar a dedución.

Requisitos

  • Ten que tratarse de vehículos non afectos a actividades económicas do adquirente.

  • O importe de adquisición do vehículo non pode superar os 50.000 euros.

  • Os vehículos teñen que pertencer a algunha das seguintes categorías:

    • Turismos M1, vehículos concibidos e fabricados para o transporte de persoas, que teñan, ademais do asento do condutor, ata un máximo de 8 prazas.

    • Furgonetas ou camións lixeiros N1, vehículos para o transporte de mercadorías cuxa masa máxima non sexa superior a 3,5 toneladas.

    • Ciclomotores L1e, vehículos de dúas rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.

    • Triciclos L2e, vehículos de tres rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.

    • Cuadriciclos lixeiros L6e, que teñan unha masa en baleiro igual ou inferior a 350 kg. sen incluír a masa da batería, cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.

    • Cuadriciclos pesados L7e, que teñan unha masa en baleiro igual ou inferior a 400 kg. (550 se está destinado ao transporte de mercadorías) sen incluír a masa da batería, cunha  potencia continua nominal igual ou inferior a 15 kw.

    • Motocicletas L3e, vehículos de dúas rodas sen sidecar cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos e / ou cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.

    • Categoría L5e, Vehículos de tres rodas símétricas cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos e / ou, cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.

    • Bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.

  • Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorias M e N, relacionadas anteriormente ten que tratarse dalgún dos seguintes:

    • Vehículos eléctricos propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles fósiles alternativos homologados como GLP / autogas, GNC Gas natural comprimido, GNL/ Gas natural licuado ou bifuel gasolina-gas.

    • Eléctricos puros BEV

    • Eléctricos de autonomía estendida REEV, propulsados totalmente mediante motores eléctricos.

  • Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorías L e bicicletas eléctricas deberán estar propulsados exclusivamente por motores eléctricos e estar homologados como vehículos eléctricos:

    • As categorías L3e e L5e deberán ter baterías de litio cunha potencia igual ou superior a 3 kw/h e unha autonomía mínima de 70 quilómetros.

    • As bicicletas de pedaleo asistido deberán ter baterías de litio normalizado.

Base máxima da dedución

O importe máximo deducible por declaración será de 300 euros para os vehículos comprendidos nos apartados 1 a 8 e de 225 euros para as bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.

Formalización

Deberá incluír, dentro de cada categoría, o importe satisfeito na adquisición do vehículo.