Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.15.8. Por ascendentes maiores de 75 ou maiores de 65 que sexan persoas con discapacidade

  1. En xeral:

    • Contía

      197 euros por cada ascendente maior de 75 anos, ou maior de 65 anos cunha discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 %, ou unha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33 %. A dedución tamén será de aplicación cando a incapacidade se declare xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao.

      Se asimilará a un grao de discapacidade do 65 %a curadoría con facultades de representación plena establecida por resolución xudicial.

    • Requisitos e condicións

      • O ascendente debe sero en liña directa por consanguinidade, afinidade ou adopción.

      • O ascendente debe convivir co contribuínte, polo menos a metade do período impositivo.

        Entre outros casos, considerarase que conviven co contribuínte os ascendentes con discapacidade que, dependendo do mesmo, sexan internados en centros especializados.

      • O ascendente non deber ter rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.

      • A suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro non sexa superior a 30.000 euros, en tributación individual, ou a 47.000 euros, en tributación conxunta.

      • Non procederá a aplicación desta dedución cando os ascendentes que xeren o dereito á mesma presenten declaración polo IRPF con rendas superiores a 1.800 euros.

      • A determinación das circunstancias persoais e familiares que deban terse en conta realizarase atendendo á situación existente na data de devindicación do imposto.

      • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

        Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente, a aplicación da dedución corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.

    • Límite

      O importe íntegro da dedución soa será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 27.000 euros en tributación individual, ou inferior a 44.000 euros, en tributación conxunta.

      Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 27.000 e 30.000 euros en tributación individual, ou entre 44.000 e 47.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:

      1. En tributación individual o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 27.000)

      2. En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 44.000)

  2. Para contribuíntes falecidos antes do 28 de outubro:

    • Contía

      179  euros por cada ascendente maior de 75 anos, ou maior de 65 anos cun a discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 %, ou unha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33 %. A dedución tamén será de aplicación cando a incapacidade se declare xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao.

      Se asimilará a un grao de discapacidade do 65 %a curadoría con facultades de representación plena establecida por resolución xudicial.

    • Requisitos e condicións

      • O ascendente debe sero en liña directa por consanguinidade, afinidade ou adopción

      • O ascendente debe convivir co contribuínte, polo menos a metade do período impositivo.

        Entre outros casos, considerarase que conviven co contribuínte os ascendentes con discapacidade que, dependendo do mesmo, sexan internados en centros especializados.

      • O ascendente non deber ter rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.

      • A suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro non sexa superior a 25.000 euros.

      • Non procederá a aplicación desta dedución cando os ascendentes que xeren o dereito á mesma presenten declaración polo IRPF con rendas superiores a 1.800 euros.

      • A determinación das circunstancias persoais e familiares que deban terse en conta realizarase atendendo á situación existente na data de devindicación do imposto.

      • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

        Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente, a aplicación da dedución corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.

    • Límite

      O importe íntegro da dedución soa será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros.

      Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros o límite de dedución será o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000).

Formalización

Deberá reflectir no recadro  "Común" ou no recadro  "Titular", conforme ao que se indica a continuación, o número de ascendentes que dan dereito á dedución tendo en conta que a mesma persoa só pode consignarse nunha dos dous recadros.

En caso de matrimonio, o número de ascendentes polo que ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución reflectirase no recadro "Común".

Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual o número de persoas que dan dereito á dedución reflectirase no recadro "Titular" indicando, adicionalmente, o número de declarantes que teñen dereito a aplicar a dedución.