10.3.13. Por gastos de descendentes en centros de 0 a 3 anos
Contía
-
O 15% das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de gastos de descendentes, pagos en centros de cero a tres anos, co límite de 500 euros por cada descendente que non supere a citada idade.
-
O 30% cun límite de 1.000 euros anuais para contribuíntes con residencia habitual en concellos en risco de despoboamento.
Requisitos e condicións
-
Só terán dereito a esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible non resulte superior a 26.000 euros en tributación individual nin a 37.000 euros en tributación conxunta.
Non obstante, para contribuíntes con residencia en concellos en risco de despoboamento os límites de base impoñible serán de 35.000 en tributación individual e 45.000 euros en tributación conxunta.
-
Se o menor cumpre os tres anos no exercicio, calcularanse de forma proporcional a dedución e o citado límite, ao número de meses en que se cumpran os requisitos.
-
Os proxenitores, adoptantes ou titores ou acolledores teñen que convivir co menor.
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación do beneficio fiscal, o importe da dedución ratearase por partes iguais aplicandose unicamente a aqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.
-
A dedución deberá minorarse, por cada descendente, na cantidade correspondente ás axudas percibidas no período impositivo procedente do Principado de Asturias asociada aos gastos xerados polo coidado de fillos de cero a tres anos.
Para o período 2022 non se aprobou ningunha axuda.
-
Se o contribuínte aboase gastos por menores de 3 anos durante todo o período impositivo, residindo unicamente durante unha parte do ano nun concello en risco de despoboamento aplicarase a dedución atendendo ás circunstancias existentes a data de devindicación do imposto.
Incompatibilidade
A dedución será incompatible respecto dos mesmos descendentes coa dedución "Polo coidado de descendentes ou adoptados de ata 25 anos de idade".
Formalización
Se tivo a súa residencia habitual en concellos en risco de despoboamento marcará o recadro habilitado para ese fin.
En calquera caso, deberá reflectir por cada descendente (o programa ten capacidade para incluír ata catro descendentes) o importe satisfeito que corresponde ao titular, indicará se o fillo convive ou non con ambos os dous pais.
Se o menor cumprise tres anos durante o exercicio indicará o número de meses transcorridos incluído o mes do exercicio en que os cumpre; neste , caso os importes satisfeitos que terá que consignar serán os satisfeitos ata esa data.