10.3.4. Por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual en concellos en risco de despoboamento
Contía
O 5% das cantidades satisfeitas durante o exercicio pola adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual en concellos en risco de despoboamento.
Esta dedución será do 10% cando a adquisición ou rehabilitación lévese a cabo por contribuíntes de ata 35 anos, así como polos membros de familias numerosas ou monoparentais.
Requisitos e condicións
-
O inmoble tense que destinar a constituír a vivenda habitual do contribuínte e o domicilio fiscal tense que manter no concello en risco de despoboamento durante polo menos tres anos.
O concepto de vivenda habitual é o establecido na normativa de IRPF.
Cando a vivenda teña a consideración de vivenda habitual malia non haberse residido nela un período mínimo de tres anos para poder aplicar a dedución cumprirá ter o domicilio fiscal durante tres anos no mesmo concello en risco de despoboamento. No caso de falecemento, a dedución resultará de aplicación nos exercicios previos (se é o caso) e tamén no de falecemento.
-
A base impoñible do contribuínte non pode exceder de 35.000 euros en tributación individual nin de 45.000 euros en tributación conxunta.
-
A presente dedución resultará aplicable a aqueles exercicios en que o contribuínte incorra no gasto con independencia da data en que se produza a adquisición xurídica da vivenda ou finalícese a obra de rehabilitación.
-
Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación da dedución polos mesmos bens para un mesmo período impositivo, a base máxima da dedución ratearase entre eles por partes iguais, aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.
-
Aos efectos da dedución, considéranse membros de familias numerosas aos contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que, a data de devindicación do imposto, ostente o título de familia numerosa expedido pola autoridade competente en materia de servizos sociais.
-
Aos efectos da dedución considéranse membros de familias monoparentais os contribuíntes que cumpran os requisitos establecidos na dedución "Por familias monoparentais"
-
A acreditación documental dos gastos que xeren dereito a dedución deberá realizarse mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en Dereito.
Base da dedución
A base máxima desta dedución será de 10.000 euros tanto en declaración individual como en conxunta e virá constituída polas cantidades investidas durante o exercicio na adquisición ou rehabilitación da vivenda.
No caso de financiamento alleo só forman parte da base da dedución as cantidades amortizadas do préstamo en cada ano.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible coa dedución "Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida".
Formalización
-
Reflectirá as cantidades satisfeitas con dereito á dedución.
En caso de matrimonio e se o investimento corresponde a ambos os dous cónxuxes por partes iguais, indicarase o 50% das cantidades satisfeitas por ambos os dous.
-
Indicará o número de persoas con dereito á dedución.
-
Se forma parte dunha familia numerosa ou monoparental marcará o recadro habilitado con este fin.