Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.3.5. Por arrendamento de vivenda habitual

O contribuínte poderá deducirse:

  1. O 10% das cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da vivenda habitual do contribuínte, cun máximo de 500 euros cando se cumpran os seguintes requisitos:

    • Que a base impoñible non exceda de 26.000 euros en tributación individual nin de 37.000 euros en tributación conxunta.

    • Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da base impoñible.

    • A dedución só poderana aplicar quen figuren como arrendatarios no contrato de arrendamento.

    • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o importe máximo da dedución ratearase entre eles por partes iguais, aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

  2. O 20% co límite de 1.000 euros en caso de arrendamento de vivenda habitual por contribuíntes con residencia en concellos en risco de despoboamento, sempre que concorran os seguintes requisitos:

    • Que a base impoñible non exceda de 35.000 euros en tributación individual nin de 45.000 euros en tributación conxunta.

    • Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da base impoñible.

    • A dedución só poderana aplicar quen figuren como arrendatarios no contrato de arrendamento.

    • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o importe máximo da dedución ratearase entre eles por partes iguais, aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

Formalización

    • Importe satisfeito pola persoa que consta como titular no contrato de arrendamento.

      No caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento; as cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.

    • Indicará a situación da vivenda seleccionando a clave correspondente.

    • Deberá indicar o NIF do arrendador, se este non reside en España e non ten NIF deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia  e indicará a situación en que se encontre o inmoble seleccionando para iso a clave correspondente.

O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B8 da declaración.