10.4.2. Por gastos de adquisición de libros de texto
-
En xeral (períodos impositivos que finalizan o 31 de decembro)
-
Contía
Polo concepto de gastos en libros de texto editado para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e os ciclos formativos de formación profesional específica, deducirase o 100% dos importes destinados a aqueles gastos por cada fillo que curse os devanditos estudos cun límite máximo de 220 euros por fillo.
-
Requisitos e condicións
-
Para os efectos da aplicación desta dedución só poderán terse en conta os fillos que dean dereito ao mínimo familiar por descendentes.
-
Se os fillos conviven con ambos os dous pais e estes optan pola tributación individual ratearase tanto as cantidades satisfeitas como o límite máximo da dedución aplicable.
-
A base impoñible total non poderá superar os 52.800 euros no caso de tributación conxunta e os 33.000 euros no de tributación individual.
-
O contribuínte deberá conservar, a disposición da Administración tributaria as facturas ou os documentos equivalentes que xustifiquen os gastos.
-
-
-
Contribuíntes falecidos un día distinto do 31 de decembro
-
Contía
Polo concepto de gastos en libros de texto editado para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e os ciclos formativos de formación profesional específica, deducirase o 100% dos importes destinados a aqueles gastos por cada fillo que curse os devanditos estudos.
-
Requisitos e condicións
-
Para os efectos da aplicación desta dedución só poderán terse en conta os fillos que dean dereito ao mínimo familiar por descendentes.
-
Ratearanse tanto as cantidades satisfeitas como o límite máximo da dedución aplicable.
-
No caso de contribuíntes falecidos antes do 31/03/2022 a base impoñible total non poderá superar os 12.500 euros.
Para os contribuíntes falecidos entre o 31/03/2022 e o 30/12/2022 a base impoñible total non pode superar os 13.750 euros.
-
O contribuínte deberá conservar, a disposición da Administración tributaria as facturas ou os documentos equivalentes que xustifiquen os gastos.
-
-
Límites
A dedución aplicada polos gastos orixinados non pode exceder dos seguintes límites:
Contribuíntes falecidos antes do 31/03/2022
Base impoñible *
LIMITE dedución
Ata 6.500,00 euros
100 euros/fillo
Entre 6.500,01 e 10.000,00 euros
75 euros/fillo
Entre 10.000,01 e 12.500,00 euros
50 euros/fillo
Contribuíntes falecidos entre o 31/03/2022 e o 30/12/2022
Base impoñible *
LIMITE dedución
Ata 7.150 euros
100 euros/fillo
Entre 7.150,01 e 11.000 euros
75 euros/fillo
Entre 11.000,01 e 13.750 euros
50 euros/fillo
-
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos deberá indicar o importe do gasto satisfeito polo titular da declaración, reflectindo pola súa parte no recadro que proceda (fillos de ambos os dous cónxuxes ou fillos do titular da declaración) o número de fillos que orixinou o gasto tendo en conta que o mesmo fillo só debe reflectirse nunha dos recadros.